6 Vote up

Acción da CIG-Construción e protestos da veciñanza diante das obras do TAV en Redondela

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, sindical on 19 Feb, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A CIG Construción realizou o mércores 11 de febreiro unha xornada de accións simultáneas nas catro provincias galegas, sinalando o incumprimento “sistemático” da lexislación laboral en todo o que ten a ver coas xornadas, salarios e medidas de seguridade, entre outras cuestións. Asi, en Lugo, Ourense e A Coruña delegados e traballadores do sector entraban nas obras da maior infraestrutura pública que se está a facer no noso país, o TAV, para criticar que nin tan sequera a propia Administración central faga cumprir o convenio. Na provincia de Pontevedra, no tramo de Redondela, máis de 120 delegados, traballadores do sector en desemprego e representantes sindicais foron acordonados por dotacións de Policias antidisturbios, que non lle permitiron achegarse nin ás portas destas obras ao seu paso por Redondela, pola presenza da Vicepresidenta do Goberno español, María Teresa Fernández de la Vega.

Pola súa banda, varios grupos de veciños e veciñas da bisbarra de Redondela protestaban pola ampliación da A-9 ao seu paso por Peinador e criticaban abertamente os prexuízos que lles está a causar as obras do TAV.

TAGS: , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

Deixa un comentario