Manife contra o saqueo á clase traballadora e o engano do rescate (Vigo, 1/07/12)

Milleiros de persoas saíron á rúa en todo o país para denunciar que o rescate aos bancos españois por parte da Unión Europea supón un saqueo á clase traballadora e para esixir responsabilidades políticas e penais os seus promotores. O secretario xeral da Confederación Intersindical Galega, que participou na manifestación de Vigo, adiantou que a central nacionalista seguirá a acumular forzas para promover a convocatoria dunha folga xeral no Estado español antes de que remate o ano.

Nova relacionada