Concentración contra a represión na ITV e pola readmisión do despedido (Vigo, 18/06/12)

A CIG vén de iniciar unha campaña de mobilizacións contra o despedimento dun delegado da central nacionalista no comité de Supervisión y Control (SyC), empresa concesionaria das ITV galegas. As protestas incluirán dúas xornadas de folga parcial e a celebración de concentracións de apoio en todas as estacións do país.