Camiño e poesía. De Valdeorras ao Courel

Camiñada entre Valdeorras e O Courel, con saída de San Vicente de Leira e chegada a Parada seguindo os vellos camiños descritos por Uxío Novoneyra no seu libro «Andares e desvarios do Camiño de Santiago e outras rutas». Tivo lugar en en dúas etapas os días 26 e 27 de maio de 2012 e nela participaron vinte persoas convocadas polo concello do Barco de Valdeorras. Foi unha actividade cultural e deportiva na que se lembrou a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán e Uxío Novoneyra, asi como a tradición oral, a historia e a toponimia dos lugares polos que transcorreu.

autor: verdetoxo