Documental de Jorge Costa
Donos de Portugal é un documental sobre cen anos de poder económico.
O filme retrata a protección do Estado ás familias que dominaron a economía do país, as súas estratexias de conservación de poder e acumulación de riqueza.
Mello, Champalimaud, Espírito Santo — as grandes familias crúzanse polo casamento e intégranse nas finanzas. Ameazado polo fin da ditadura, o seu poder reconstitúese na democracia, a partir das
privatizacións e da promiscuidade co poder político. Novos grupos económicos — Amorim, Sonae, Jerónimo Martins – afírmanse sobre a mesma base.
Cando a crise desvela todos os límites do modelo de desenvolvemento económico portugués, este filme presenta os protagonistas e as grandes opcións que nos trouxeron até aquí.






























