Denuncia ante o Valedor do Pobo das forestacións ilegais de terras agrarias

O Sindicato Labrego Galego presenta ante o Valedor do Pobo a relación dos centos de denuncias que se teñen interposto na Consellaría de Medio Rural por forestacións ilegais en terras agrarias de toda Galiza, sen que se teña feito absolutamente nada até o de agora. Falan a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, e labregos e labregas damnificad@s como Manuel Touceda ou Lupe Prado. Sede do Valedor do Pobo en Compostela. 2 de febreiro de 2012.