En defensa do emprego e contra a especulación financeira (Vigo 6/11/11)

Miles de persoas participaron na mañá deste domingo nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais maioritarias nas cidades de Vigo e Ferrol en defensa do emprego e dos servizos públicos e en demanda dun xiro radical nas políticas de recortes e axustes adoptadas polos Gobernos galego e español que permita unha saída á crise favorábel para a maioría social e facilite a creación de postos de traballo. Na mobilización de Ferrol denunciouse a situación de «emerxencia social e económica» que padecen as comarcas e esixíronse medidas inmediatas para garantir os 17.000 empregos que dependen da actividade dos estaleiros. No caso de Vigo fíxose fincapé en que o número de persoas desempregadas increméntase nun millar cada mes (superándose xa as 62.000) e que máis de 50.000 veciños/as da comarca atópanse xa en situación de pobreza.

Nova relacionada

Sem entradas relacionadas.