A folga do Metal continúa a ser un referente de loita e dignidade, que cada dia colle unha forma e cor distinta, e que se visibiliza masivamente polas rúas de Vigo. Na súa decimoquinta xornada comezou como ven sendo habitual coas marchas pola cidade desde as distintas zonas industriais, e que confluian nunha asemblea na Praza do Concello. Despois continuaban estas mobilizacións, mais ao baixaren pola Gran Via, os antidistubios, que levaban toda a mañá insultando aos traballadores e provocando, cargaron con brutalidade, deixando a un traballador de Navaliber, de Vincios, ferido polos porrazos e pelotazos. As marchas continuaron, e a resistencia dos folguistas non se axeonlla, nin diante da instransixencia da Patronal nin do acoso policial. Toda unha lección de dignidade. Mais info. en Avantar.










































26th Xuño, 2009 ás 1:16 am
Pois é. Estais a fazer história.
26th Xuño, 2009 ás 2:04 pm
Creo que non debería poñerlle músican ningunha ós videos, as imaxes e os sons falan por si mesmos.
Esta é a única palabra que teñen, a das porras e as bolas de goma. A súa alternativa regar as rúas con sangre de obreiro.
Quen pense que isto é só cousa do metal é que ten os ollos tapados.
Avante!!
26th Xuño, 2009 ás 5:08 pm
Non se pode ver completo. Córtase aos 30 seguntos.
29th Xuño, 2009 ás 12:20 pm
Grandisimo video e grandisima laboura
grazas compañeiros de gz videos