Dispoñibilizamos recompilación de vídeos de diferentes actos en rexeitamento dos festexos imperialistas do 12 de Outubro, o “Día de la Raza”, que tivo a oposición nas rúas dos movimentos sociais antifastistas en varios puntos do Estado español. Aquí podedes ver unha breve reportaxe sobre a orixe e significado do 12-O, así coma imaxes do acontecido en Madrid e Barcelona. Finalmente un vídeo da Marcha Mapuche en Santiago de Chile e outro de diferentes actos de reivindicación indixenista en Buenos Aires, contra a festividade do xenocidio e o colonialismo.
Fotografía tirada de La Plataforma









































