14/10/2009: Desde as seis e media da mañá as traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme en Vigo comezaban a primeira das tres xornadas de folga convocadas para o mes de outubro, cos piquetes ás portas desta factoría, onde a folga tivo un seguimento total. Ás once da mañá daba comezo unha manifestación desde a sede central de Caixanova, na rúa García Barbón, até as portas do Club Financeiro, fronte á que se encontra a inmobiliaria Promalar, que é a actual dona desta firma. Con esta manifestación o persoal de Alfageme denunciaba o impago do salario do mes de setembro, asi como o plan de viabilidade e a xestión que Juan Lago está a realizar.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario









































