1
A organizaçom independentista Briga envía-nos um vídeo que recolhe a campanha de realizaçom de 366 murais que teve lugar durante todo este ano. A actividade, que rematou o 12 de Agosto em Ferrol, é apresentada num vídeo de cinco minutos que combina as imagens do día final com os murais da campanha. Mais info na web de Briga
Publicado en GZvideosconNengún comentario →
6
Un mes despois do Día da Patria seguen a chegarnos audiovisuais que recollen a actividade reivindicativa nesa data. Neste caso, o vídeo que publicamos recolle a comitiva que sectores soberanistas integrados no BNG formaron na manifestación do 25 de Xullo que partiu da Alameda e rematou na praza da Quintana. O vídeo foi editado e enviado desde a organización ISCA! Estade atentas, porque en próximas datas teremos novos materiais da actividade política no 25 de Xullo.
Publicado en GZvideos, autodeterminaciónconNengún comentario →
9
O pasado 8 de agosto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) levou a cabo un acto festivo e reivindicativo nos exteriores do Pazo de Meirás para reclamar a devolución deste ao pobo galego. Mentres dentro estábase a celebrar a voda oficial da familia Franco a CRMH ofrecía unha voda alternativa á que acudiu o mismísimo Caudillo, resucitado para a ocasión. A esta peculiar ceremonia acudiron máis de 400 persoas e tamén suscitou o interese da prensa “rosa” e dos medios de comunicación empresariais. Máis info na páxina da CRMH e neste blogue.
Publicado en GZvideos, historiaconNengún comentario →
16
Por volta de 300 persoas participaron na manifestación anti-touradas convocada pola plataforma Pontevedra Antitaurina, á cal se sumaron outras entidades e colectivos co obxectivo de erradicar esa atávica e sanguenta tradición da cidade do Lérez. O desproporcionado desplegue policial rematou coa identificación dos organizadores da marcha e a ameaza dunha multa que podería ascender a 15.000 euros. Mais na web da Plataforma Pontevedra Antitaurina.
Publicado en GZvideos, ecoloxismocon1 Comentario →
9
Resumo das últimas actividades da plataforma Pontevedra Antitaurina. Recordade: Mobilización Antitaurina o sábado 9 ás 19h na praza da Peregrina. Contigo podemos!
Publicado en GZvideos, ecoloxismoconNengún comentario →