Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

  Vote up

O Metal no Camiño (curta documental)02.07.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Desde a CIG apresentan unha curta documental que recolle a marchá histórica a Compostela dos operarios/as do sector do Metal da provincia de Pontevedra en folga.

A mobilización saía o luns pouco despois das nove e media da mañá e remataba ás dúas da tarde fronte a San Caetano este martes 30 de xuño, na vixésima xornada de folga para este sector. Esgotados polo esforzo maratoniano destes dous dias, mais “imbatíbeis”, e traspasando fronteiras, para que ninguen poda tentar invisibilizar esta loita exemplar, os do Metal ateigaron Compostela de dignidade e de forza, de traballadores e traballadoras que non se renden. Mais info. en Avantar

Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

Mani*Festa*Acçom Transmaribolhera Queerunha 0930.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Baixo o lema “Dá-lhe prazer ao corpo! A súa moral dá-nos igual” as Transmaribolheras Precàrias manifestaronse-se polas ruas da Corunha numha marcha que partiu do Campo de Marte para acabar com umha festa no Campo da Lenha.

Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadesconNengún comentario →

  Vote up

17ª Xornada de Folga no Metal30.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Novo éxito da folga xeral do sector do Metal, que colapsou todos os accesos á factoria de Citroen a mediodia, onde houbo cargas policiais.

Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

15ª Xornada da Folga do Metal: represión e ocupación das rúas de Vigo pola policia española24.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A folga do Metal continúa a ser un referente de loita e dignidade, que cada dia colle unha forma e cor distinta, e que se visibiliza masivamente polas rúas de Vigo. Na súa decimoquinta xornada comezou como ven sendo habitual coas marchas pola cidade desde as distintas zonas industriais, e que confluian nunha asemblea na Praza do Concello. Despois continuaban estas mobilizacións, mais ao baixaren pola Gran Via, os antidistubios, que levaban toda a mañá insultando aos traballadores e provocando, cargaron con brutalidade, deixando a un traballador de Navaliber, de Vincios, ferido polos porrazos e pelotazos. As marchas continuaron, e a resistencia dos folguistas non se axeonlla, nin diante da instransixencia da Patronal nin do acoso policial. Toda unha lección de dignidade. Mais info. en Avantar.

Publicado en GZvideos, represión, sindicalcon4 Comentarios →

  Vote up

Anúncio Mani*Festa*Acçom Queerunha 0913.06.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Com motivo do 28 de junho, dia da libertaçom transmaribolhera, Maribolheras Precárias quer convidar a todas as organizaçons, espaços e colectivos sociais, a apoiar e participar da MANI*FESTA*ACÇOM que sairá o sábado 27 de junho do Campo de Marte (A Corunha)

Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadesconNengún comentario →